martes, 6 de octubre de 2009

CARNÉ XOVE DO CONCELLO DE FERROL

Ola!

Temos a vosa disposición un Carné xuvenil (ata os 35 anos) que vos da dereito:

-Ó uso das instalacións da Casa da Xuventude (ordenadores, revistas, libros...)
-Participación en diferentes sorteos de entradas para eventos musicais e deportivos.
-Desconto dun 20% nos eventos do Teatro Xofre.

O carné é totalmente gratuito, facémolo no acto, e só tedes que traer:

-DNI, NIE, pasaporte
-Unha fotografía carné

(No caso de ser menores de idade, traer cumplimentado un impreso que vos damos aquí para que firme a vosa nai, pai ou titor...).

Saudiños

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Casa da Xuventude

No hay comentarios:

Publicar un comentario