lunes, 19 de octubre de 2009

¿Queres ler gratuitamente as túas revistas favoritas?


Na Casa da Xuventude temos a vosa disposición as revistas National Geografic, Hobby Consolas, Fotogramas, Sport Life, Muy Interesante, Quo, Mucho Viaje, Los 40 principales, PC Computer, Infoxove e tebeos como Mortadelo y Filemón, ou prensa local como "La Voz de Galicia", "Diario de Ferrol", boletín cultural do Concello, "O Mensaxeiro"...


Revistas que abranguen temas de variedades científicas, fotografía, videoxogos, informática, viaxes, deportes, cine, música, comics, empleo...


Como sempre, estamos abertos a suxerencias ou ben por aquí ou a través do correo da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) informacionxuvenil@ferrol.es


Saudiños desde a Casa da Xuventude.

No hay comentarios:

Publicar un comentario