miércoles, 3 de febrero de 2010

I Concurso de Namorados



(PARA VER O CARTEL MÁIS GRANDE, FAI UN CLICK NEL)

Decir “quérote” ten premio. Ademais, se se fai de modo orixinal a través dunha mensaxe de móbil ou cunha fotográfia, a Concellería de Xuventude de Ferrol convídate a unha cea romántica para dúas persoas no restaurante Caserio Vasco a noite de San Valentín. Así o anunciaba onte a edila da área, Beatriz Sestayo, ó presentar os dous concursos cos que o Concello quere celebrar o patrono dos namorados.

Deste xeito, as persoas que queiran participar no certame de sms románticos deben enviar a súa declaración (non poderán superar os 160 caracteres) ó 654 651 791, número de teléfono habilitado para a ocasión. Todas as mensaxes teñen que ser inéditas e orixinais e cada participante pode presentar un máximo de 3 propostas. No caso do concurso fotográfico, as instantáneas teñen que ter un dobre protagonista. Por un lado debe figurar unha parella e ademais no fondo da imaxe ten que aparecer unha paisaxe ou monumento emblemático da cidade de Ferrol. Ó igual que no caso dos mensaxes de texto, cada participante poderá achegar un máximo de tres instantáneas. Estas deberán de entregarse nas instalacións da Casa da Xuventude, ubicada na rúa Almendra, ou enviarse por correo electrónico ó seguinte enderezo:

casadaxuventudeferrol@gmail.com.

O prazo para presentar as fotografías ou enviar os sms remata o día 12 de febreiro ás doce do mediodía. En calquera dos casos o autor terá que achegar o seu traballo acompañado dos seus datos persoais (nome, enderezo, data de nacemento e teléfono de contacto).

Ámbalas dúas iniciativas van dirixidas a mozos de entre 14 e 35 anos de idade.

O xurado dos dous concurso estará presidido pola concelleira de Xuventude, Beatriz Sestayo, e del formarán parte tamén o asesor cultural do Concello, Roberto Taboada, e a escritora Cristina Prieto Solano, autora da novela “La claridad de la sombra”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario