
FACEDE CLICK NA IMAXE PARA VER OS HORARIOS EN TAMAÑO GRANDE
PUBLICADO NO DIARIO DE FERROL
A Casa da Xuventude abre pola noite para recibir ós participantes do programa de ocio Ardora
REDACCIÓN > FERROL
O programa de ocio nocturno Ardora ofrece esta noite nove propostas para os rapaces de ata 35 anos. Os obradoiros, celébranse na Casa da Xuventude, desde as dez ata pasada a medianoite.
Na axenda de hoxe figuran talleres de risoterapia, sevillanas, conversa en inglés, pulseiras, coiro, lámparas de corda, monicreques de gomaespuma, abalorios e “découpage” (decoración de obxectos con papeis e telas de cores).
A oferta de obradoiros faise de acordo coas preferencias e as peticións dos interesados. Así, nesta edición xorden propostas novas, como o pintado de tecido en 3D, a danza oriental, as velas de xel, as lámpadas de papel e corda, a conversa en inglés, a decoración con papeis, a elaboración de monicreques de gomaespuma e as masaxes.
Tamén se manteñen as que contan con maior respaldo popular. É o caso do curso de cociña, que seguen con especial interese os alumnos universitarios estranxeiros. Tamén repiten os talleres de risoterapia, os de abalorios ou os de pulseiras de coiro.
As actividades, gratuítas e con entrada libre, desenvolverase nas noites dos venres ata o 25 de xuño.