
FACEDE CLICK NA IMAXE PARA VER OS HORARIOS EN TAMAÑO GRANDE
PUBLICADO NO DIARIO DE FERROL
A Casa da Xuventude abre pola noite para recibir ós participantes do programa de ocio Ardora
REDACCIÓN > FERROL
O programa de ocio nocturno Ardora ofrece esta noite nove propostas para os rapaces de ata 35 anos. Os obradoiros, celébranse na Casa da Xuventude, desde as dez ata pasada a medianoite.
Na axenda de hoxe figuran talleres de risoterapia, sevillanas, conversa en inglés, pulseiras, coiro, lámparas de corda, monicreques de gomaespuma, abalorios e “découpage” (decoración de obxectos con papeis e telas de cores).
A oferta de obradoiros faise de acordo coas preferencias e as peticións dos interesados. Así, nesta edición xorden propostas novas, como o pintado de tecido en 3D, a danza oriental, as velas de xel, as lámpadas de papel e corda, a conversa en inglés, a decoración con papeis, a elaboración de monicreques de gomaespuma e as masaxes.
Tamén se manteñen as que contan con maior respaldo popular. É o caso do curso de cociña, que seguen con especial interese os alumnos universitarios estranxeiros. Tamén repiten os talleres de risoterapia, os de abalorios ou os de pulseiras de coiro.
As actividades, gratuítas e con entrada libre, desenvolverase nas noites dos venres ata o 25 de xuño.
Ola,
ResponderEliminarresulta que conseguín un boletín sobre as actividades culturais de Ferrol e veñen programadas moitas máis actividades das que aquí no blogue se espeficican.
Envío o enlace :
http://www.scribd.com/doc/25554474/Semana-Santa-Ferrol-2010-Reducido
Un exemplo é a do spinning, a piscina e o SPA, gustaríame saber se aínda sigue en vigor, ou xa non hai esa actividade, e de que hora a que hora abarcaría.
Ademáis vexo que aquí só veñen citados os venres, e gustaríame saber se segue a haber actividades os Sábados, e , se non as hai, saber a razón de por qué non as hai.
Son María López Morado (Mariola) , mediadora da Universidade. Gustaríame recibir resposta. Moitas gracias.
Hola Mariola:
ResponderEliminarTes toda a razón. O error da imprenta foi imprimir as actividades da anterior edición de Ardora (2009), no lugar das actividades deste ano 2010, que son as que se ven na foto.
Como sabedes, o tema de spa, spinning e piscina, non foi posible por mor da folga do persoal das instalacións deportivas na provincia da Coruña.
Desculpade as molestias.
Saudiños
Gustaríame recibir información sobre as actividades de Ardora a partir de outubro de 2010, xa que me dixeron que había un obradoiro de cociña e estou interesada nel.
ResponderEliminar