lunes, 19 de octubre de 2009

¿Queres ler gratuitamente as túas revistas favoritas?


Na Casa da Xuventude temos a vosa disposición as revistas National Geografic, Hobby Consolas, Fotogramas, Sport Life, Muy Interesante, Quo, Mucho Viaje, Los 40 principales, PC Computer, Infoxove e tebeos como Mortadelo y Filemón, ou prensa local como "La Voz de Galicia", "Diario de Ferrol", boletín cultural do Concello, "O Mensaxeiro"...


Revistas que abranguen temas de variedades científicas, fotografía, videoxogos, informática, viaxes, deportes, cine, música, comics, empleo...


Como sempre, estamos abertos a suxerencias ou ben por aquí ou a través do correo da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) informacionxuvenil@ferrol.es


Saudiños desde a Casa da Xuventude.

viernes, 16 de octubre de 2009

ACTIVIDADES ARDORA OUTONO 2009


Hai un erro. Onde pon obradoiro de SWAROSKI, o correcto é OBRADOIRO DE MAXIA.

Saudiños e desculpade as molestias.

miércoles, 14 de octubre de 2009

MAÑÁN... INFORMACIÓN COMPLETA DO ARDORA

Mañán xoves, 15 de outubro de 2009, neste mesmo blog, e a través do noso tuenti, e de www.facebook.com/casadaxuventudeferrol publicaranse tódalas actividades do ARDORA, para o que resta de outubro, novembro e decembro. Máis de vinte actividades, sen inscrición previa e con moitas novidades...

Mañán...aquí, despexaremo-la incógnita.

Esperámosvos.


Casa da Xuventude - OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

martes, 6 de octubre de 2009

CARNÉ XOVE DO CONCELLO DE FERROL

Ola!

Temos a vosa disposición un Carné xuvenil (ata os 35 anos) que vos da dereito:

-Ó uso das instalacións da Casa da Xuventude (ordenadores, revistas, libros...)
-Participación en diferentes sorteos de entradas para eventos musicais e deportivos.
-Desconto dun 20% nos eventos do Teatro Xofre.

O carné é totalmente gratuito, facémolo no acto, e só tedes que traer:

-DNI, NIE, pasaporte
-Unha fotografía carné

(No caso de ser menores de idade, traer cumplimentado un impreso que vos damos aquí para que firme a vosa nai, pai ou titor...).

Saudiños

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Casa da Xuventude

jueves, 1 de octubre de 2009

INSTRUCCIÓNS PARA DEIXAR COMENTARIOS NO BLOG

Ola!

Para deixar algún comentario, non fai falla estar rexistrado en google. Podes facelo de dúas formas, tras darlle a palabra "comentarios" abaixo a dereita, ó lado do sobreciño blanco.

Despois de escribi-lo teu comentario, no apartado onde pone "elegir perfil":

OPCIÓN 1: Seleccionar "Nombre/URL". E donde pone "NOMBRE" poñedes o voso nome. Na URL non é necesario pór nada.

OPCIÓN 2: Seleccionar "Anónimo". Non sairá o voso nome, e se enviará o voso comentario remitido por "anónimo".