A Concellería de Xuventude informa dunha nova vantaxe do carné da Casa da Xuventude para os seus usuarios e usuarias froito do acordo ao que chegou a Concellería cos Cines Dúplex. Trátase, tal e como explicou a edil, da ampliación da promoción 2x1 a todos aqueles que teñan dito carné, que pagarán unha soa entrada (2,25 euros cada un). Isto só será válido de mércores a domingo, toda vez que o luns os cines están pechados e os martes é o día do espectador. Estes descontos únense aos que xa fan os Dúplex aos menores de 30 anos e a estudantes.
Tal e como explicou Beatriz Sestayo, aqueles que non sexan estudantes e os que teñan entre 30 y 35 anos entrarán nesta promoción sempre que teñan o carné xove. Este é totalmente gratuíto e se pode solicitar na Casa da Xuventude, adxuntando unha fotografía tipo carné e cubrindo os datos persoais. Os técnicos de Xuventude outogaránlle ao solicitante un número de socio quedando rexistrado na base de datos.
O carné xove está dirixido aos mozos e mozas de entre 14 e 35 anos e no caso dos menores de idade é preciso que teñan o consentemento por escrito dos seus pais, nais ou titores legais. A tarxeta ten como obxectivo mellorar o funcionamento destas instalacións municipais, permitindo a creación dun censo de usuarios e extremando o control sobre o uso dos seus recursos. Así mesmo, pretende premiar aos socios e socias da Casa da Xuventude con vantaxes como a que agora se pon en marcha.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario