A concelleira de Xuventude, Beatriz Sestayo, deu conta da nova edición da programación dos Obradoiros de Outono que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro nas instalacións da Casa da Xuventude, dando así continuidade á aposta que o Goberno municipal está a facer pola oferta de actividades educativas e de ocio alternativo destinadas á xuventude da cidade desde a inauguración destas dependencias municipais. Este novo calendario, que arrancará o 9 de novembro, está dirixido a mozos e mozas de entre 13 e 35 anos e se levará a cabo de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas, coordinados e supervisados por técnicos da Concellería de Xuventude.
A responsable das políticas de xuventude do Concello avanzou que nesta nova edición ofertaranse un total de dez obradoiros, dos que son novidade as clases de francés e a edición de son dixital e Dj -o resto xa se teñen celebrado en edicións anteriores acadando un alto índice de participación-. A oferta presentada para os vindeiros meses do ano é a seguinte:
Edición de son dixital e Dj
Ximnasia de mantenemento, aeróbic, step,...
Baile moderno
Foto dixital
Creación audiovisual
Pintura e debuxo
Guitarra
Informática
Danza do ventre
Inglés/francés
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario