jueves, 14 de octubre de 2010
domingo, 18 de abril de 2010
viernes, 5 de marzo de 2010
ARDORA, NA CASA DA XUVENTUDE

FACEDE CLICK NA IMAXE PARA VER OS HORARIOS EN TAMAÑO GRANDE
PUBLICADO NO DIARIO DE FERROL
A Casa da Xuventude abre pola noite para recibir ós participantes do programa de ocio Ardora
REDACCIÓN > FERROL
O programa de ocio nocturno Ardora ofrece esta noite nove propostas para os rapaces de ata 35 anos. Os obradoiros, celébranse na Casa da Xuventude, desde as dez ata pasada a medianoite.
Na axenda de hoxe figuran talleres de risoterapia, sevillanas, conversa en inglés, pulseiras, coiro, lámparas de corda, monicreques de gomaespuma, abalorios e “découpage” (decoración de obxectos con papeis e telas de cores).
A oferta de obradoiros faise de acordo coas preferencias e as peticións dos interesados. Así, nesta edición xorden propostas novas, como o pintado de tecido en 3D, a danza oriental, as velas de xel, as lámpadas de papel e corda, a conversa en inglés, a decoración con papeis, a elaboración de monicreques de gomaespuma e as masaxes.
Tamén se manteñen as que contan con maior respaldo popular. É o caso do curso de cociña, que seguen con especial interese os alumnos universitarios estranxeiros. Tamén repiten os talleres de risoterapia, os de abalorios ou os de pulseiras de coiro.
As actividades, gratuítas e con entrada libre, desenvolverase nas noites dos venres ata o 25 de xuño.
sábado, 13 de febrero de 2010
FOTOGRAFÍAS FINALISTAS DO I CONCURSO DE NAMORADOS

FOTOGRAFÍA GAÑADORA DA CENA DE SAN VALENTÍN, POR XENTILEZA DE CASERÍO VASCO. PARELLA FORMADA POR SUSANA GÓMEZ E PABLO DÍAZ. AUTORA DA FOTOGRAFÍA: INÉS DÍAZ MERA
FOTOGRAFÍA FINALISTA PRESENTADA POR TOM RODRÍGUEZ E MARIOLA LÓPEZ
FOTOGRAFÍA FINALISTA PRESENTADA POR AINHOA CASTELO E PARELLA
FOTOGRAFIA FINALISTA PRESENTADA POR PALOMA MARTÍNEZ Y SOFÍA.
FOTOGRAFÍA FINALISTA PRESENTADA POR BORJA PÉREZ Y EVA CABALLERO.
lunes, 8 de febrero de 2010
Concerto - Presentación Concerto Reggae Electrónico

Será na Casa da Xuventude, o vindeiro sábado 13 de Febreiro ás 18:00 h. Correrá a cargo de Ras Bao (Anxo Caeiro) e contará coas colaboracións dos seus amigos Sirk Uno e Tito Ehd. É ademáis o seu primeiro traballo que se chama "REGGAE SENTIMIENTO".
Saudiños
miércoles, 3 de febrero de 2010
I Concurso de Namorados

(PARA VER O CARTEL MÁIS GRANDE, FAI UN CLICK NEL)
Decir “quérote” ten premio. Ademais, se se fai de modo orixinal a través dunha mensaxe de móbil ou cunha fotográfia, a Concellería de Xuventude de Ferrol convídate a unha cea romántica para dúas persoas no restaurante Caserio Vasco a noite de San Valentín. Así o anunciaba onte a edila da área, Beatriz Sestayo, ó presentar os dous concursos cos que o Concello quere celebrar o patrono dos namorados.
Deste xeito, as persoas que queiran participar no certame de sms románticos deben enviar a súa declaración (non poderán superar os 160 caracteres) ó 654 651 791, número de teléfono habilitado para a ocasión. Todas as mensaxes teñen que ser inéditas e orixinais e cada participante pode presentar un máximo de 3 propostas. No caso do concurso fotográfico, as instantáneas teñen que ter un dobre protagonista. Por un lado debe figurar unha parella e ademais no fondo da imaxe ten que aparecer unha paisaxe ou monumento emblemático da cidade de Ferrol. Ó igual que no caso dos mensaxes de texto, cada participante poderá achegar un máximo de tres instantáneas. Estas deberán de entregarse nas instalacións da Casa da Xuventude, ubicada na rúa Almendra, ou enviarse por correo electrónico ó seguinte enderezo:
casadaxuventudeferrol@gmail.com.
O prazo para presentar as fotografías ou enviar os sms remata o día 12 de febreiro ás doce do mediodía. En calquera dos casos o autor terá que achegar o seu traballo acompañado dos seus datos persoais (nome, enderezo, data de nacemento e teléfono de contacto).
Ámbalas dúas iniciativas van dirixidas a mozos de entre 14 e 35 anos de idade.
O xurado dos dous concurso estará presidido pola concelleira de Xuventude, Beatriz Sestayo, e del formarán parte tamén o asesor cultural do Concello, Roberto Taboada, e a escritora Cristina Prieto Solano, autora da novela “La claridad de la sombra”.
viernes, 8 de enero de 2010
I TORNEO WARHAMMER FERROL NA CASA DA XUVENTUDE
"ATRAPADO EN TU TIEMPO" VENRES 8, ÁS 17:30 NOS CINES DÚPLEX FERROL

Se o pasado 28 de decembro, non puideches ver o corto "Atrapado en tu tiempo", ou che apetece vela de novo nun cine real...o venres 8 ás 17:30 do serán nos Cines Dúplex poderás disfrutalas de novo...GRATUITAMENTE E SEN INVITACIÓN!........E NON TE PERDAS...O TRAILER COMPLETO DO SEU PRÓXIMO TRABALLO......B.I.C"
jueves, 31 de diciembre de 2009
lunes, 28 de diciembre de 2009
3 XOVES ESCRITORAS FERROLÁS.....PRESENTAN OS SEUS LIBROS E FIRMAN EXEMPLARES NA CASA DA XUVENTUDE

IRENE CASTELOS, CRISTINA PRIETO E NATALIA CORBILLÓN, PRESENTAN OS SEUS LIBROS NUNHA CHARLA E FIRMARÁN EXEMPLARES COAS SÚAS OBRAS: "PESADILLAS AL ANOCHECER", "LA CLARIDAD DE LA SOMBRA" E "LOS HIJOS DE GEA".
AS AUTORAS DOARÁN UN EURO DE CADA LIBRO A UNHA ONG.
SERÁ A ÚLTIMA ACTIVIDADE DO ANO 2009 NA CASA DA XUVENTUDE, O VINDEIRO 30 DE DECEMBRO ÁS 19:30.
domingo, 27 de diciembre de 2009
jueves, 24 de diciembre de 2009
martes, 22 de diciembre de 2009
lunes, 2 de noviembre de 2009
2 x 1 en CINES DÚPLEX, para socios/as do carné da Casa da Xuventude
A Concellería de Xuventude informa dunha nova vantaxe do carné da Casa da Xuventude para os seus usuarios e usuarias froito do acordo ao que chegou a Concellería cos Cines Dúplex. Trátase, tal e como explicou a edil, da ampliación da promoción 2x1 a todos aqueles que teñan dito carné, que pagarán unha soa entrada (2,25 euros cada un). Isto só será válido de mércores a domingo, toda vez que o luns os cines están pechados e os martes é o día do espectador. Estes descontos únense aos que xa fan os Dúplex aos menores de 30 anos e a estudantes.
Tal e como explicou Beatriz Sestayo, aqueles que non sexan estudantes e os que teñan entre 30 y 35 anos entrarán nesta promoción sempre que teñan o carné xove. Este é totalmente gratuíto e se pode solicitar na Casa da Xuventude, adxuntando unha fotografía tipo carné e cubrindo os datos persoais. Os técnicos de Xuventude outogaránlle ao solicitante un número de socio quedando rexistrado na base de datos.
O carné xove está dirixido aos mozos e mozas de entre 14 e 35 anos e no caso dos menores de idade é preciso que teñan o consentemento por escrito dos seus pais, nais ou titores legais. A tarxeta ten como obxectivo mellorar o funcionamento destas instalacións municipais, permitindo a creación dun censo de usuarios e extremando o control sobre o uso dos seus recursos. Así mesmo, pretende premiar aos socios e socias da Casa da Xuventude con vantaxes como a que agora se pon en marcha.

OBRADOIROS DE OUTONO 2009
A concelleira de Xuventude, Beatriz Sestayo, deu conta da nova edición da programación dos Obradoiros de Outono que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro nas instalacións da Casa da Xuventude, dando así continuidade á aposta que o Goberno municipal está a facer pola oferta de actividades educativas e de ocio alternativo destinadas á xuventude da cidade desde a inauguración destas dependencias municipais. Este novo calendario, que arrancará o 9 de novembro, está dirixido a mozos e mozas de entre 13 e 35 anos e se levará a cabo de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas, coordinados e supervisados por técnicos da Concellería de Xuventude.
A responsable das políticas de xuventude do Concello avanzou que nesta nova edición ofertaranse un total de dez obradoiros, dos que son novidade as clases de francés e a edición de son dixital e Dj -o resto xa se teñen celebrado en edicións anteriores acadando un alto índice de participación-. A oferta presentada para os vindeiros meses do ano é a seguinte:
Edición de son dixital e Dj
Ximnasia de mantenemento, aeróbic, step,...
Baile moderno
Foto dixital
Creación audiovisual
Pintura e debuxo
Guitarra
Informática
Danza do ventre
Inglés/francés

miércoles, 28 de octubre de 2009
lunes, 19 de octubre de 2009
¿Queres ler gratuitamente as túas revistas favoritas?

Na Casa da Xuventude temos a vosa disposición as revistas National Geografic, Hobby Consolas, Fotogramas, Sport Life, Muy Interesante, Quo, Mucho Viaje, Los 40 principales, PC Computer, Infoxove e tebeos como Mortadelo y Filemón, ou prensa local como "La Voz de Galicia", "Diario de Ferrol", boletín cultural do Concello, "O Mensaxeiro"...
Revistas que abranguen temas de variedades científicas, fotografía, videoxogos, informática, viaxes, deportes, cine, música, comics, empleo...
Como sempre, estamos abertos a suxerencias ou ben por aquí ou a través do correo da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) informacionxuvenil@ferrol.es
Saudiños desde a Casa da Xuventude.
viernes, 16 de octubre de 2009
ACTIVIDADES ARDORA OUTONO 2009

Hai un erro. Onde pon obradoiro de SWAROSKI, o correcto é OBRADOIRO DE MAXIA.
Saudiños e desculpade as molestias.
Saudiños e desculpade as molestias.
Etiquetas:
ACTIVIDADES ARDORA OUTONO 2009
jueves, 15 de octubre de 2009
miércoles, 14 de octubre de 2009
MAÑÁN... INFORMACIÓN COMPLETA DO ARDORA
Mañán xoves, 15 de outubro de 2009, neste mesmo blog, e a través do noso tuenti, e de www.facebook.com/casadaxuventudeferrol publicaranse tódalas actividades do ARDORA, para o que resta de outubro, novembro e decembro. Máis de vinte actividades, sen inscrición previa e con moitas novidades...
Mañán...aquí, despexaremo-la incógnita.
Esperámosvos.
Casa da Xuventude - OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Mañán...aquí, despexaremo-la incógnita.
Esperámosvos.
Casa da Xuventude - OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Etiquetas:
MAÑÁN... INFORMACIÓN COMPLETA DO ARDORA
martes, 6 de octubre de 2009
CARNÉ XOVE DO CONCELLO DE FERROL
Ola!
Temos a vosa disposición un Carné xuvenil (ata os 35 anos) que vos da dereito:
-Ó uso das instalacións da Casa da Xuventude (ordenadores, revistas, libros...)
-Participación en diferentes sorteos de entradas para eventos musicais e deportivos.
-Desconto dun 20% nos eventos do Teatro Xofre.
O carné é totalmente gratuito, facémolo no acto, e só tedes que traer:
-DNI, NIE, pasaporte
-Unha fotografía carné
(No caso de ser menores de idade, traer cumplimentado un impreso que vos damos aquí para que firme a vosa nai, pai ou titor...).
Saudiños
OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Casa da Xuventude

jueves, 1 de octubre de 2009
INSTRUCCIÓNS PARA DEIXAR COMENTARIOS NO BLOG
Ola!
Para deixar algún comentario, non fai falla estar rexistrado en google. Podes facelo de dúas formas, tras darlle a palabra "comentarios" abaixo a dereita, ó lado do sobreciño blanco.
Despois de escribi-lo teu comentario, no apartado onde pone "elegir perfil":
OPCIÓN 1: Seleccionar "Nombre/URL". E donde pone "NOMBRE" poñedes o voso nome. Na URL non é necesario pór nada.
OPCIÓN 2: Seleccionar "Anónimo". Non sairá o voso nome, e se enviará o voso comentario remitido por "anónimo".

martes, 29 de septiembre de 2009
"SABACTIVOS"
"OS SABACTIVOS" COMEZAN O SÁBADO 3 DE OUTUBRO,NO C.C. CARVALHO CALERO. DIRIXIDO ÁS NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS DE 10:00 A 14:00.SAUDIÑOS
viernes, 25 de septiembre de 2009
EXPRÉSArTE
Nesta canle podes enviarnos a túa creación musical, pictórica, fotográfica, literaria...que desexes. Animádevos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)